Festa do Corpus

Festa do Corpus

Ponteareas "A Vila do Corpus".

Chega a festividade do Corpus Christi, e numerosas localidades galegas van engalanar as súas rúas con alfombras florais . Nalgunhas delas, a tradición está tan arraigada e as alfombras son tan espectaculares que, máis aló da súa motivación relixiosa, o Corpus ten rango de festa de interese turístico.

Ponteareas é a máis coñecida embaixadora galega desta arte do que existe constancia escrita desde 1857 e nos que o seu labor era tapar as fochancas que había ao longo do percorrido que seguía a procesión.

É a celebración máis importante de Ponteareas. Os festexos destacan polas espectaculares alfombras florais que durante a noite anterior, todos os veciños da vila confeccionan. Os delicados tapices multicolores cubrirán as rúas por onde ao día seguinte numerosos visitantes achegaranse a contemplar as alfombras polas que  pasará o cortexo relixioso. 

Como curiosidade, sabedes onde se fai a alfombra floral máis grande do mundo?

Na Grand-Place ( Bruxelas) realizan   unha  Alfombra Floral

con 70 metros de longo por 24 metros de ano e onde utilizan  600.000 begonias en flor.

A primeira edición foi en 1971 e desde 1986 realízase de forma bienal.Alfombra floral Bruselas

Supón todo un acontecemento na capital belga. Brevemente contámosvos a historia:  O arquitecto paisajista Etienne Stautemans, tiña o soño de crear unha alfombra de flores na mismísima Grand Place. Para el tratábase do mellor escenario posible no que plasmar unha gran obra de arte de semellante envergadura. E como foi de esperar, o éxito converteu esta alfombra nun dos acontecementos e reclamos máis importantes da cidade.

Nós temos a sorte de contemplar todos os anos as marabillosas alfombras que se realizan en Ponteareas e que supoñen un pracer para os sentidos, xa que o cheiro das rúas xunto coas cores e os debuxos fannos gozar dunha obra de arte efémera e única.

Festa do Corpus Christi en Ponteareas está declarada de Interese Turístico Internacional.

A NOITE DE 18 XUÑO

 

Posteado el 23/05/2017 Home, Noticias PizzaPlus 0 546

Deja un comentarioDeja una respuesta

Tienes que estar logeado para publicar un comentario.

Últimos comentarios

Sin comentarios

Buscar en el Blog

Vistos recientemente

Sin productos