Halloween o Samaín ?

Halloween o Samaín ?

Hoxe en día celébrase con gran arraigamento o Samhain ou Samaín (adaptación ao galego da palabra gaélica)

 É a festividade de orixe celta máis importante do período pagán, na que a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro servía como celebración do final da tempada de colleitas . A súa etimoloxía é gaélica e significa 'fin do verán'.

É unha noite máxica onde as leis mundanas do tempo e o espazo están temporalmente suspendidas e a fronteira entre o mundo físico e o mundo espiritual ábrese, facilitando a comunicación entre eses dous mundos.

Despois de que os romanos conquistasen gran parte dos territorios celtas e que os cristiáns cualificaran as celebracións celtas como unha práctica herética, con este pretexto destruíron gran cantidade da cultura, monumentos e tradicións celtas, para afianzar o seu dominio político e social do vello continente. Foi a época de sometemento dos pobos libres pagáns, que eran convertidos ao cristianismo demonizando as súas crenzas e adoptando os seus festivais. Así, o de Samain converteuse no día de Todos os Santos, de onde deriva o nome inglés de Halloween,. A vixilia vespertina do día anterior á festa de Todos os Santos, dentro da cultura inglesa denominábase «All Hallow's Eve», vixilia de Todos os Santos, termo que co tempo derivou en «Halloween».

Os celtas celebraban esta festa con ritos nos cales os sacerdotes druídas, servindo como «médiums», comunicábanse cos seus antepasados, en espera de ser guiados nesta vida cara á inmortal. Dise que os «espíritos» dos devanceiros chegaban nesa data para visitar os seus antigos fogares. Así se iniciaba o ano novo celta

A festividade celta descríbese como unha comuñón cos espíritos dos defuntos que, nesta data, tiñan autorización para camiñar entre os vivos, dándoselle á xente a oportunidade de reunirse cos seus antepasados mortos. Para manter aos espíritos contentos e afastar aos malos dos seus fogares, deixaban comida fóra, unha tradición que se converteu no que hoxe fan os nenos indo de casa en casa pedindo doces.

Neste período rendemos homenaxe aos mortos, lembrando aos nosos devanceiros, parentes e amigos que faleceron.

Tamén podemos aproveitar para despedirnos das cousas das cales queremos desprendernos (habitos, medos, etc).

Polo Samhain era costume :

Escondíanse cabazas nos camiños, previamente baleiradas e con velas dentro, para asustar á xente que pasaba polos camiños.  As mozas levaban colares feitos de castañas para escorrentar aos malos espíritos. Simples velas eran acesas e deixadas nas xanelas para axudar a guiar aos espíritos de antecesores e dos amados ao fogar. Poñíanse máis cadeiras nas mesas e ao redor das chemineas para os invitados invisibles. Colocábanse mazás nas beirarrúas e nos camiños para os espíritos perdidos ou que non tiñan descendentes. Nalgúns pobos celebráse unha procesión de ánimas,  na que os mozos da vila desfilan polas rúas disfrazados e portando luces coma se fosen a Santa Compaña.

Rafael López Loureiro, mestre de escola de Cedeira (A Coruña), foi o responsable de redescubrir esta tradición e comprobar que existía por toda Galicia ata fai menos de trinta anos.. O seu traballo sobre esta tradición, recollido no libro Caliveras de melón (caveiras de melón)

Aos poucos, o Samaín está gañado popularidade dentro das tradicións galegas.

 

 

 

 

Posteado el 02/11/2016 Home, Noticias PizzaPlus 0 493

Deja un comentarioDeja una respuesta

Tienes que estar logeado para publicar un comentario.

Últimos comentarios

Sin comentarios

Buscar en el Blog

Vistos recientemente

Sin productos